Transcurrir



Delirante compoñer en estado de deixades
Arrepínteste do que  non fas
               e realmente non fas nada, preocupante realidade.
Golpes de paixón que esnaquizan a túa conciencia
paixón por estomballarse,durmir e flotar
                                                           suficiente e  sinxelo.
práctico e cómodo.
                                   revitalízante terapéutico
pero  
Demasiada tensión en cada paso,
demasiada  dureza depositada en cada ascensión, necesaria para continuar camiñando
demasiado o risco en cada baixada.
Tan trepidante como cruel..
Taquicardia,nervios e dor
                             cruzando os dedos,
                                                         máscase traxedia
Chamémoslle adrenalina a este proceso
chamémoslle aventura de risco
                                        chámalle  X e que pendure dunha corda.
pero non lle chames vida
                                       que polo de agora deixa de ser comercial.

Pd:se non vende:
non serve e non é bo.

Pd: Loto no Xiro de Italia pola morte dun corredor mentres o daba todo para chegar primeiro  a liña de meta por ser alguén por chegar a algo,ciclismo para enxalzar valores.Para sacrificarte.Para loitar.Para velo e chorar.


Pd:30 anos da morte de Bob Marley a canción xa o di todo.

Focalizar mellor que xeolocalizar.


Soños.
de
horizontes paralelos
anuncios subliminares que seguen a falar de amor
unha clara idea en cada despertar
ter reprodución asexual
soñar dá dor de cabeza
Segues desenfocado de tanto observar
un mundo tan supersticioso como paranormal,
Esquecer é imposible.
Como nubes de tormenta nun día de verán?




Desenfocar aquelas partes da vida que carezan de sentido,que sexan mellor esquecer,inútiles pero suficientemente necesarias para non ser borradas.
E sen esquecerse de aumentar a nitidez daquelas outras que nós manteñen vivos.




 A maior axuda a Kurt Cobain era que lle enviarás esa canción Michael Stipe.

Agradecido de Rosendo soando!


Dou grazas a esa xente que baila comigo nos días de choiva.
Dou grazas de habelos coñecido.
Dou grazas de todo o que me aprenderon,non foi pouco e foi moi valioso.
Fixéronme diferente e fóronme facendo especial sen decatarse.
Si hoxe escribo tamén e grazas a eles.
Botos de menos.
E
Creo que ata a próxima
me tocará vivir dos recordos.

Pd:Sacádeme de aquí.


A capacidade de vivir en sociedade é limitada
a capacidade de vivir só está restrinxida os demais.
Por iso, a fraxilidade da felicidade.



Non aburre,embriágate,libérate.








E o teu nome é Ninguén.



Vés,oes e calas
estrés e ansiedade
que afogan a palabra paciencia.
Complexidade e hiperactividade o proceso
neuronal para achar a resposta
non che interesa o demais
aillaste.
Nesa burbulla que fai de escudo suicida
e te mata.
Lentamente, como cando se fai o sexo con amor
pero se padece o sufrimento dunha violación.
Ninguén te comprende,ninguén te escoita e ninguén está aí.
E ti es ninguén.



Vin unha sinal, quixena seguir e batín nela!


Es dos que escupes o aire e che cae o teu propio lapo?
Es supersticioso?
E a mala sorte ?
é o karma?
É Deus,e ela,es ti?
E o mal de ollo?
Non sabes o que é?
É o inferno e ti estás nel.

Ando é tropezo
corro é cánsome,
levántome e teño sono.
como e teño fame.
Etc cando é punto final.

escribo e non poño nada,
Penso na felicidade e transmito tristura.
Intento e non logro
nadas e afogas
bebes e vomitas.

Cagas e mexas, desolación.
Gastroenterites mental.
Atasco en época de presa.
Problemas...
contradicións.
A sinxeleza dos versos non dá a solución.
A depresión só leva o suicidio.
E cando desaparecer parece o camiño a un mundo mellor,
faino.


Eu nunca serei yo.



Si cremos conseguímolo,
si intentamos lográmolo,
Superación e esforzo
a bandeira
do País formado por Ti sen limites nin fronteiras en min.,
O arte da lingua construíndose,
prexuízos na comprensión, no entendemento.
Destruíndose.
A lingua como deporte, adestra.
A lingua como pracer,desfruta.
A perfección da relación,reside nela.
Todo, a lingua.
A túa ca miña!
A lingua
Indo ó abstracto o inmellorable o Galego.
Indo o concreto o mellorable o noso, o insuperable tamén.


As papilas gustativas erectas no recorrer coa túa pel,
o tocarme as gotas que mollan a túa boca,
o susurrarme,
e orgasmo cando en atleta se converte,
sinuosos movementos de acróbata,
elegancia desbordante
e orgullo de nacermos así,
Perfectos.  
Pd: é o galego?é Sexo?é unha relación?é un lío?é cursi?é romántico?
é especial?
é o todo?Si.




Non hai camiños para a Paz a Paz é o camiño,Mahatma Gandhi


Vía os reflexos dun home atormentado
cabizbaixo camiñaba,
si fose un soño os pelizcos non doerían
era está sociedade unha sucia envoltura?
Un lixo corrosivo capaz de esnaquizar un mundo,unha ilusión.?
Un mundo conservador e individualista?
Un mundo triste e desolador?
Un mundo paradóxico?
Un mundo de teletenda.
Un mundo práctico e ideal, pos de sempre,
Un mundo no que crecer é unha odisea
Un mundo contaxiado por virus,bacterias,relixión,caciques,desigualdade.
Un mundo prometido por un político en campaña electoral.
Un mundo no que a palabra cambio só ten un significado monetario,
un mundo onde o capitalismo é a súa maior destrución.
E onde as persoas as súas maiores aliadas.
Onde a Globalización será nos libros de texto o comparable a desertización
pero da cultura.
Loitarase
Mísiles de Esperanza,bombas de liberdade,gritos de salvación, a nosa artillería!!
O pobo unido o noso escuadrón!
Armemos unha revolución.!




 
Cabe salientar o espírito de "El Drogas" pero sobre todo o carácter de rebeldía e a actitude de Evaristo,deus mellor vivir así 2 anos que vivir 90 de parasito social axudarías máis.grazas

.
A globalización ten moitas cousas boas como a deforestación cortar arbores en si non está mal o problema é o modo de facelo,as consecuencias que acarrea un mal sistema si que o son,un mal planteamento,unha actitude de egoísmo.E un deserto o próximo panorama.
E na globalización está ben saber como é a outra punta do mundo pero son as cousas minúsculas cas que tamén nos deberíamos de quedar,os detalles.Non simplemente destruílos, restarlle toda importancia.Son como unha especie no ciclo da vida.Matas a especie e alteras o ciclo,unha cadea que non se debe romper.