Delirante compoñer en estado de deixades
Arrepínteste do que non fas
e realmente non fas nada, preocupante realidade.
Golpes de paixón que esnaquizan a túa conciencia
paixón por estomballarse,durmir e flotar
suficiente e sinxelo.
práctico e cómodo.
revitalízante terapéutico
pero
Demasiada tensión en cada paso,
demasiada dureza depositada en cada ascensión, necesaria para continuar camiñando
demasiado o risco en cada baixada.
Tan trepidante como cruel..
Taquicardia,nervios e dor
cruzando os dedos,
máscase traxedia
Chamémoslle adrenalina a este proceso
chamémoslle aventura de risco
chámalle X e que pendure dunha corda.
pero non lle chames vida
que polo de agora deixa de ser comercial.
Pd:se non vende:
non serve e non é bo.
Pd: Loto no Xiro de Italia pola morte dun corredor mentres o daba todo para chegar primeiro a liña de meta por ser alguén por chegar a algo,ciclismo para enxalzar valores.Para sacrificarte.Para loitar.Para velo e chorar.
Pd:30 anos da morte de Bob Marley a canción xa o di todo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario