A chupala indeferencia!!



Non me gusta o porvir
o ir e o vir,
os políticos,a tele,a radio
a envoltura desta sociedade,
non me gusta
o ruído dos locais nun sábado noite
a perda de valores
o amor ,o capitalismo,as dereitas

o pasotismo
a intranscendencia ou inutilidade das redes socias en mans de xente pouco dotada
non me gusta
os parasitos, os depredadores.
As escusas,as mentiras e os cornos
a falta de tempo e o estrés.
non me gusta
A fatiga do día a día
nin tampouco a duración pouco equitativa da duración real das súas horas.


Non me gusta seguir con isto non me gusta.

deprímeste?Pois máis deprímente debería ser a túa conciencia,
a túa personalidade.
E que non o ves?
Todo está destruído,
Estamos na era das capas,
é o que vemos é o resultado do proceso "Photoshop"
Enganado?
E a túa personalidade que permanece
illada,tapada,ausente,durmida
desaparecida ,
e  si é inexistente?
Espabila que pronto os robots serán a túa competencia.
Insentimental que choras por azar.
Triste final.

Pero gústame todo o demais.
Moi persoal.







Máis Punk ooh!

No hay comentarios:

Publicar un comentario