A derramar escupitaxos


Os prexuízos
 escusas perfectas pra afastarnos do pánico
covarde que choras de medo
intolerante ser,
protéxeste
soltando infamias do vertedoiro da túa boca
cagas coitelos e asasinas.
Pena de morte si fose xusta o teu castigo.
Mecánica humana a que empregas
pra clasificar .

Constrúes
unha cadea en serie de humanos.
Desviación, o síntoma do perigo e non da virtude.
Indíxena bastardo
causante
da inflación cultural.
Crise!

Escravo,amor,liberdade.



Escravo 
                 do amor 
                                 a liberdade.

Arriscas e
vives no límite racional
mentres sofres turbulencias mentais,
sentimentalmente axeonllado
buscas unha alternativa real,
A anarquía persoal!!

Que cada pisada sexa improvisada
que cada pegada sexa efectiva.

Veneración persoal, a túa propia constitución.



Vivindo un romance



O outro día chorei ,sufrín, nin  o alcol que transcorría polas miñas veas freaba esa tristura que engaiolaba o meu ser.

E máis, reforzou a nosa relación como si dunha historia de amor se tratara, en época de reconciliación.Doume mágoa chegar ata ese extremo e irme de baleiro outra vez máis, despois de pasalas tan putas durante tanto tempo.Pero serviume para comprender que amaba todo aquilo,  entendín o porque de tanto sufrimento sobre todo que merece a pena sufrir,aguantar e permanecer, algún día as tornas virarán e chorarás de alegría.Pero ata que iso aconteza segue camiñando ca cabeza erguida.


E polo menos poderás dicir que o que ti sentes é amor non febre mediatica.


PD: O deporte é arte;
sinuosas curvas impregnadas de valores que nos amosan o camiño
que nós fan fortes,sentimentais e loitadores
esforzo e superación.
Onde renderse non ten cabida.
E quen diga o contrario e que nunca sentiu o deporte,
nunca o viviu e nunca o practicou.
Sedentario do sofá!

Sempre Celta!
Sempre Furia!
Menciono novamente:
Din que a maior revolución que podes facer hoxe en día é escribir en Galego.Eu práctico a xenofobia a aqueles que non o fan que non o cantan e sobre todo que non o falan.Algún día isto cambiará.

Di: Xa non me chupo o dedo!



A calidade do porno crece cada día como crece o estres,
mentres a cultura do arredor decrece a unha velocidade vertixinosa,asústaste o saír a rúa,o saír o patio...que  ves?
Valores destruídos
unha sociedade inhabilitada,adormecida,aparvada
o culpable debe de ser tanta contaminación no ambiente.

Poqueros,canis,chonis será unha falsa impresión?Pero eu digo, tolerancia cero.
Esperanza, quítame o medo.
Se a miña moza nesta aventura.




Pd: A intelixencia fai que prefiras a masturbación,
 a perdida intelectual do teu membro en termos sexuais por ir polo buraco e non polo cerebro deste individuo.
Zoofílico ou non ves que é irracional como os animais.

Si hai 500 persoas e 498 falan castelán síntete afortunado
non por ser especial si non por facer o correcto.
Con chulería mantense, con arte vacilas.
E  difunde sempre:
Douche un bico nena si mo pides en Galego.
Ten cortesía es ti quen quere.

Proximamente


Acotío un abúrrese moito,
acotío un non sabe que estudar
acotío che di túa nai,
Rapas a ver si polo menos aprendes algho?
Que co que custa Internet...co que custa manterte
Ei que
Non todo é porno o que un ve na rede,
non todo son redes sociais e mini xogos o que fai un na escola.
Non todo é ler a prensa,
Os 10 segundos que che sobran cada día danche para pensar e intentar anovar.


O poema para abrir a páxina aínda non sei cal será:
a canción xa está decidida:
Ei tío o Rock ou se fai en inglés ou non é Rock.E as patacas ou se plantan en Ámerica ou non son patacas.
Babosadas,a que si rapas!




Agora rezar para que a SGAE non denuncie os seus contidos.

Quen queira participar nos contidos da páxina,así como aportar ideas,benvido sexa.
Deixei o mundo do tuenti por puterío infantil e pornográfico de menores e porque me asustaba a sociedade que me rodea.
Si un día me ves vomitar que saibas que foi o acordarme do teu perfil.Non do alcol como pensarán as malas linguas.

Pd:par pórse en contacto comigo deixa un comentario neste blog,chame o número de teléfono que sempre tiven ou deixa un correo na seguinte dirección: outravacanascoles@gmail.com.
Unha aperta.

A chupala indeferencia!!



Non me gusta o porvir
o ir e o vir,
os políticos,a tele,a radio
a envoltura desta sociedade,
non me gusta
o ruído dos locais nun sábado noite
a perda de valores
o amor ,o capitalismo,as dereitas

o pasotismo
a intranscendencia ou inutilidade das redes socias en mans de xente pouco dotada
non me gusta
os parasitos, os depredadores.
As escusas,as mentiras e os cornos
a falta de tempo e o estrés.
non me gusta
A fatiga do día a día
nin tampouco a duración pouco equitativa da duración real das súas horas.


Non me gusta seguir con isto non me gusta.

deprímeste?Pois máis deprímente debería ser a túa conciencia,
a túa personalidade.
E que non o ves?
Todo está destruído,
Estamos na era das capas,
é o que vemos é o resultado do proceso "Photoshop"
Enganado?
E a túa personalidade que permanece
illada,tapada,ausente,durmida
desaparecida ,
e  si é inexistente?
Espabila que pronto os robots serán a túa competencia.
Insentimental que choras por azar.
Triste final.

Pero gústame todo o demais.
Moi persoal.







Máis Punk ooh!