Podes pasear tranquilo,sen transcendencia,
podes non existir,
podes existir estando morto e podes non existir estando vivo,
podes formar parte dunha paradoxa
pode ser a túa vida.
Podes soñar e podes ter pesadelos nun soño,
é a túa vida pode ser un soño ou tamén pode ser un pesadelo.
podes esquecer e ser esquecido.
Podes perdoar,
podes querer e podes odiar.
Podes pensar,dubidar e decidir.
Podes equivocarte é humano,
podes sufrir,loitar e vencer,
Podes camiñar,correr,escapar,fuxir e quedar
podes gañar e podes perder.
Podes enfermar e podes facerte dano
o obxectivo está en poderse curar.
E o verbo poder pode non ter límite
e esa afirmación pode ser un erro.
Por que non sempre podes elixir.
Pero cando poidas faino.
E podes pasar de facelo.
e o fantástico deste verbo,
é a flexibilidade do seu uso.
E pode que isto non este acabado..
Consello:elixe sempre que poidas,unha elección túa pode ser correcta ou errónea,pero é túa
aprender é de sabios e equivocarse é de persoas. Poucas eleccións son irremediables polo tanto non teñas medo. O medo non nos permite avanzar. Fréanos e véncenos. Oe un consello pero recorda a última decisión e túa.

INCREÍBLE!!!!
ResponderEliminar