Hai días nos que non queres durmir,
días nos que se está mellor desperto,
no que soñar é un pesadelo,
no que durmir dá medo.
días de soidade,días de silencio,días de rutina.
días..
días..
Días nos que só se libra a noite,
noite, pra afundires e afogar na súa tranquilidade,
noite na que se crea o baleiro, formando un universo,
universo alternativo que acaba cando lembras a rutina,
pero a escuridade e o silencio seguen aí
acompañándote
Mentres te deixas levar polo son inesquecible da música
ata que morres ós pés da cama.
Mañá terás resaca,non importa.
Pd:Rock&Roll que soa unha e outra vez provocando alucinacións que van dende a depresión ata estados eufóricos que curan a túa intoxicada alma.
Joan Jett a simple vista perfecta.








